Xestores de internacionalización

Xestores de internacionalización

Axudas para facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización

e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio exterior, ao mesmo tempo que se apoia ás pemes galegas no seu proceso de internacionalización poñendo a disposición das pemes información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación.

Descargar



Acceso a crédito

Acceso ao crédito das pemes (Colaboración EEFF/SGR)

Préstamos avalados para investimentos produtivos e/ou circulante estrutural, ou destinados ao pagamento ou reestruturación de débedas e Garantías para operacións de persoas autónomas e pemes

Descargar



Axudas a Startups

Axudas a Startups

Axudas para fomentar a actividade das startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia subvencionando os gastos e investimentos en que incorran

O obxecto desta axuda é subvencionar os custos máis habituais para os emprendedores innovadores na etapa de lanzamento e consolidación inicial do seu proxecto de empresa.

Descargar



Atracción de empresas

Atracción de empresas a Galicia

Axudas para empresas que realicen investimentos entre 800.000 € e 10.000.000 € ou aqueles proxectos de investimento igual ou superior a 100.000 € que creen 25 ou máis postos de traballo de carácter indefinido a tempo completo.

Descargar



Reacciona

Programa Re-acciona

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras.

Inclúe servizos de profesionalización e desenvolvemento estratéxico ademais de servizos de innovación.

Descargar



Préstamos directos

Préstamos directos

Préstamos directos para grandes empresas, pemes e persoas autónomas.

Bonificación de ata 5 puntos porcentuais do tipo de xuro das operacións.

Descargar



Foexga

Programa Foexga

Calendario de misións empresariais e asistencia a feiras internacionais 2024 en colaboración coas Cámaras de Comercio de Galicia

Descargar



Exporta Dixital

Galicia Exporta Dixital

Axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas.

Estas axudas teñen como obxecto apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital xa que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitividade nos mercados internacionais.

Descargar



Exporta Empresas

Galicia Exporta Empresas

Axudas para a execución de accións de promoción exterior.

O obxectivo desta axuda é incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.

Descargar



Exporta Organismos Intermedios

Galicia Exporta Organismos Intermedios

Axudas para a posta en marcha de plans de internacionalización

que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas.

Descargar



Obradoiros de dixitalización

Obradoiros multidisciplinares

de dixitalización, sustentabilidade e loxística avanzada

Axudas para creación de espazos de colaboración entre empresas para explorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración na implementación de ferramentas dixitais, desenvolvemento e implantación de procesos ou produtos máis sustentables ou melloras a prol dunha función loxística máis avanzada e sustentable, así como oportunidades de hibridación intersectorial.

Descargar