You are not connected. The newsletter may include some user information, so they may not be displayed correctly.

Encontro Empresarial. Galicia con sinerxia

Encontro Empresarial. Galicia con sinerxia
Instituto Galego de Promoción Económica

Tes problemas para ver este boletín? Ver online 

Instituto Galego de Promoción Económica

ENCONTRO EMPRESARIAL

Galicia con sinerxia: Enerxías renovables e transición enerxética, sector alimentación, a loxística do fututo

O vindeiro mércores 12 de xuño, ás 9:30 h, en Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia, San Cibrao das Viñas - Ourense), terá lugar o evento "Galicia con sinerxia: enerxías renovables e transición enerxética, sector alimentación, a loxística do fututo" no marco do programa Capacita Directivos 2024.

 

A Xunta de Galicia, a través do Igape, o Círculo de Empresarios de Galicia, Nordés Club Empresarial e a Asociación paro o Progreso da Dirección (APD), colaboran no programa Capacita Directivos 2024: Empresa intelixente, competitividade e crecemento empresarial de Galicia, co obxectivo de axudar a consolidar unha industria galega competitiva nun mercado global e profundar en liñas estratéxicas que fortalezan un crecemento intelixente e sostible.

  

'Empresa intelixente: competitividade e crecemento empresarial en Galicia’ é unha iniciativa de colaboración público-privada que contempla a organización e desenvolvemento de encontros empresariais en distintos puntos de Galicia, coa finalidade de concienciar, reflexionar, debater, compartir experiencias e promover a colaboración entre empresas, administracións, universidades, centros tecnolóxicos ou clústeres.

 

Galicia con sinerxia: Enerxías renovables e transición enerxética, sector alimentación, a loxística do fututo

Transformando as cadeas de valor en sistemas de valor, a través de interacción, colaboración e complementariedade dos sectores estratéxicos de Galicia. Como unha inmensa cadea, á que se van agregando elos, os sectores produtivos galegos forman un ecosistema de ecosistemas entrelazados, no que ningún é prescindible. É esa sinerxia a que fai que 1+1 somen 3, e que 1+1+1 somen 5, 6, 7 ou o que queiramos. A economía galega basea a súa riqueza nos seus recursos naturais: no que producen a terra, o mar, o vento, os ríos… Pero a súa transformación non valería de nada sen loxística de distribución.

  

Instituto Galego de Promoción Económica

facebooklinkedintwitterinstagram

Instituto Galego de Promoción Económica

Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Quere deixar de recibir estos boletíns? Pode darse de baixa