CAMIÑO DE FUTURO: EVENTOS NETWORKING
A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, xunto coa Consellería de Medio Rural e a Consellería do Mar, poñen en marcha a iniciativa ''Camiño de futuro''. Durante os meses de marzo e abril, realizaranse en distintas localidades, encontros para presentar as axudas públicas a disposición das empresas galegas.
Organizamos 14 eventos de networking por todo o territorio galego para presentar os apoios da Xunta de Galicia para a mellora competitiva e económica das empresas galegas. Os encontros realizaranse en colaboración cos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e os Grupos de Acción Local Pesqueira (GALP). Tamén haberá mesas redondas, onde se darán a coñecer casos de éxito de pemes innovadoras referentes nas comarcas dos encontros, pertencentes a distintos sectores da economía galega.
Mapa de axudas da Axencia Galega de Innovación 2022
Mapa de axudas do Igape 2022