A emerxencia sanitaria xerou unha situación excepcional para pemes e autónomos/as, IGAPE Responde é un novo programa que se basea nos tres principios básicos de atender, acompañar e apoiar.
Traballamos na recuperación personalizada de cada empresa, da man dun equipo de resposta conformado por múltiples redes de apoio, xa que cada proxecto terá necesidades diferentes. Podes necesitar implantar o teletraballo, prestar servizos online, reter equipos, replanificar débedas ou reorientar o teu negocio; sexa cal for o caso, IGAPE Responde é a solución que buscas.
Consulta rápida
Un experto atende a túa consulta
Gratuíto
- Soporte experto.
- Consultas en tempo real sobre xestión empresarial.
Asesoramento
en liña
Un consultor acompáñate na implementación da medida elixida
Gratuíto
- Medidas de acción inmediata.
- Asesoramento e formación en liña para a implantación de medidas urxentes.
- 25 horas de asesoramento en liña.