Círculos y cuadrados - ilustración

A capacidade das empresas galegas de ofrecer servizos e produtos de calidade, de forma eficiente para xerar unha oferta competitiva é clave para o crecemento económico.

Na andaina do IGAPE nestes anos, reforzar as capacidades competitivas das nosas empresas foi unha labor primordial.

Coñece os principais programas:

Re-acciona é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar ás pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas.

O programa dispón dun total de 15 servizos arredor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación.

Desenvolvemento estratexico - Icono

Desenvolvemento estratéxico

  • Análise de potencial competitivo
  • Proxecto de futuro e plan de mellora empresarial
  • Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal
  • Análise de cumplimento normativo e riscos legais
Profesionalización - Icono

Profesionalización

  • Mellora da xestión financeira e procura de financiamento
  • Optimización da produción e a cadea loxística
  • Relanzamento comercial
  • Preparación de procesos certificables
Dixitalización - Icono

Dixitalización

  • Definición dunha estratexia dixital da empresa
  • Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme
  • Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade
  • Deseño dunha estratexia de marketing de contidos para a peme
Innovación - Icono

Innovación

  • Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores
  • Protección da innovación
  • Asesoramento para o financiamento da innovación

É un programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que permite ás empresas galegas contratar persoas novas co fin de abordar plans de mellora competitiva.

O obxectivo do programa Maquinaria 4.0 é apoiar, no eido da fabricación de maquinaria e outros bens de equipo, a aparición de provedores fortes que poidan servir mellor ao tecido empresarial galego.

Estas axudas apoian proxectos de implementación de sistemas dixitais para a interacción de negocio, ou con clientes, dixitalización de procesos, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados ou sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomos.

Descargar cartel

Casos de éxito

Key Biological - Vídeo

Keybiological

Vídeo Talleres Rodosa

Talleres Rodosa

Vídeo Gestoría Carril

Gestoría Carril

Vídeo Berete

Berete

Vídeo Varela Cartera

Varela Cartera