IG220 - ADQUISICIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS EN MATERIA DE INTERNACIONALIZACIÓN (2022)

Finalidade / Obxectivo

O obxecto destas bases é a convocatoria de 37 prazas, 25 para estranxeiro e 12 para Galicia, para a capacitación de profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

Tipos de apoio

Bolsas para a capacitación en materia de internacionalización.

Beneficiarios potenciais

Requisitos dos solicitantes:

1. Ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1995.

2. Posuír a nacionalidade española e nacido en Galicia, ser nacido en Galicia e estar nacionalizado nun Estado membro da Unión Europea, ou estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia con dous anos de antigüidade á data de publicación destas bases.

3. Estar en posesión dalgunha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de Máster Universitario:

i. Título universitario oficial de Graduada ou Graduado español;
ii. Títulos procedentes de sistemas educativos que non formen parte do EEES, que equivalan ao título de Grao. Así mesmo, e imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos.
A titulación pódese obter e acreditar ata o fin do prazo de solicitude.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español antes de que finalice o prazo de presentación de solicitudes. Polo que se refire aos títulos de máster non se require que estean homologados.

4. Coñecementos de inglés (falado e escrito).

Esta capacidade acreditarase mediante a realización dun exame no que os aspirantes deberán demostrar como mínimo nivel B2 do marco común europeo de referencia para as linguas.

Os aspirantes que non comparezan ou non acaden o nivel mínimo B2 na proba de inglés quedarán excluídos do proceso de selección.

Opcionalmente, os candidatos, ademais de examinarse de inglés, poderán indicar na solicitude ata tres idiomas adicionais dos que queiran examinarse, de cara a ter máis puntos no baremo. Os idiomas adicionais dispoñibles son: chinés, alemán e francés. A presentación a probas adicionais de idiomas implica a preferencia e obriga á hora de escoller destinos no estranxeiro.

5. Cumprir os requisitos do art. 10 da Lei 9/2007 para ser considerada persoa beneficiaria de subvencións.

6. Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa do Igape relacionada coa internacionalización empresarial. Quedarán tamén excluídos da convocatoria aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios deste tipo de bolsas en edicións anteriores e que renunciaran a elas con posterioridade ou lles fora determinado un incumprimento total.

7. Non ter gozado dunha bolsa concedida por outros organismos distintos de Igape, relacionada coa internacionalización empresarial ou con prácticas en empresas fóra de España. Exceptúanse as bolsas de estudos desfrutadas durante os anos escolares ou universitarios.

8. Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración Pública da Comunidade Autónoma.

Requisitos principais do proxecto

1. Duración e destino.

A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de once meses contados desde xaneiro a decembro de 2023. O Igape poderá prorrogala por un máximo de ata 11 meses adicionais en función da necesidade de finalizar ou completar unha parte da formación que xa tivese comezado ou estivese a piques de comezar.

Así mesmo, a prórroga estará condicionada ademais a: solicitude de prórroga por parte do bolseiro polo menos un mes antes do fin do período inicial da bolsa, informe favorable do titor do bolseiro, posibilidade de desfrute da prórroga no mesmo organismo do período inicial ou noutro destino alternativo, dispoñibilidade orzamentaria e a súa aceptación por parte do bolseiro.

En caso de prórroga a dotación incrementarase proporcionalmente segundo a súa duración e o destino asignado.

A formación práctica levarase a cabo no estranxeiro e/ou en Galicia (en oficinas do Igape ou Xunta, oficinas comerciais de España no exterior, cámaras de comercio españolas no estranxeiro, organismos multilaterais, organismos intermedios galegos, centros de investigación, empresas e/ou outros organismos en Galicia ou no estranxeiro), para realizar labores de investigación de mercados, estudo de empresas e a súa planificación para internacionalización e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.

Antes do inicio da bolsa e no seu transcurso o Igape resérvase a posibilidade de cambiar as datas de incorporación, os destinos dos bolseiros e a dotación correspondente, no caso de concorrer causa xustificada.

A formación en Galicia poderá implicar visitas a empresas ou organismos empresariais galegos que serán realizadas polos bolseiros a través dos seus propios medios (con reintegro dos gastos de desprazamento segundo o indicado no artigo 6.2.)

Cualificación requerida do proxecto

O comité de selección realizará unha lista provisional segundo a puntuación obtida conforme o seguinte baremo:

a) Proba de inglés (nivel C1: 10 puntos).

b) Resultado proba de idioma adicional 1 (nivel B1: 6 puntos; nivel B2: 8 puntos; nivel C1: 10 puntos).

c) Resultado proba de idioma adicional 2 (nivel B1: 6 puntos; nivel B2: 8 puntos; nivel C1: 10 puntos).

d) Resultado proba de idioma adicional 3 (nivel B1: 6 puntos; nivel B2: 8 puntos; nivel C1: 10 puntos).

e) Outorgaranse 25 puntos aos graduados en calquera das seguintes ramas de coñecemento:
Administración e Dirección de Empresas, Ciencias do Transporte e Loxística, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias Empresariais, Ciencias Políticas, Comercio, Comercio Exterior, Dereito, Dirección e Creación de Empresa, Dirección de Empresas-BBA, Dirección Financeira e Contabilidade, Economía, Enxeñaría, Estatística e Empresa, Márketing e Dirección Comercial, Márketing e Investigación de Mercados, Relacións Internacionais, Matemáticas, Física, Química.

f) Formación específica de posgrao en comercio exterior (máximo 20 puntos).
Obterá 5 puntos por curso completo de 140 a 299 horas (entre 14 e 29,9 créditos); 10 puntos por curso completo de 300 horas ou máis (30 ou máis créditos); 20 puntos por máster en Comercio Internacional, MBA, máster en Marketing, Marketing Dixital, Marketing Online ou similar.
Polo que se refire a esta formación pode esixirse por parte de Igape información adicional para a súa acreditación (información da entidade que impartiu a formación, temario curso, formadores,..).

g) Outra formación de posgrao relacionada coa xestión empresarial (máximo 15 puntos). Obterá 2 puntos por curso completo de 140 a 299 horas (entre 14 e 29,9 créditos); 4 puntos por curso completo de 300 horas ou máis (30 ou máis créditos); 10 puntos por máster. Polo que se refire a esta formación pode esixirse por parte de Igape información adicional para a súa acreditación (información da entidade que impartiu a formación, temario curso, formadores,..).

Para os cursos de formación incluídos nos apartados f) e g), a puntuación máxima para cursos realizados online, independentemente do número de cursos realizados, será de 10 puntos.

A suma total das puntuacións será como máximo de 100 puntos.

Contía das axudas

1. Para a dotación (tanto para a dotación inicial como para a prórroga) terase en consideración os índices do custo de vida das distintas cidades de destino das bolsas, segundo criterios establecidos pola Entidade Pública Empresarial ICEX. Na fase inicial ou no período de prórroga poderá modificarse a dotación da bolsa por flutuacións do tipo de cambio que xustifiquen esta modificación e sempre que exista dispoñibilidade orzamentaria.

2. O importe máximo de subvención por bolseiro é de 46.500 € por un período de 11 meses ou a súa parte proporcional en función do período da bolsa. As dotacións variarán segundo o destino e o número de meses de estancia en Galicia e no estranxeiro. Desta subvención detraeranse a correspondente retención fiscal e a cota por cotización á Seguridade Social aplicables segundo a lexislación vixente.

Considéranse incluídos dentro do importe da dotación da bolsa -e dentro do límite máximo dos 46.500 €- todos os gastos en que teña que incorrer o bolseiro para o seu desenvolvemento:

a) Gastos de desprazamento: unha contía semestral máxima de 1.000 € por bolseiro -que se revisará ao termo de cada semestre a efectos de novas dotacións semestrais en función da execución do semestre anterior e previa solicitude motivada do bolseiro (anexo II)- en concepto de gastos de taxas de visado e gastos de desprazamento a eventos, empresas ou entidades distintas do destino asignado, relacionados co obxecto da bolsa (avión, tren, autobús, hotel, taxi, aparcadoiro, autopista, compensación por quilometraxe), así como cursos de idiomas no país de destino previa autorización do Igape. Serán tamén subvencionables previa autorización polo Igape os seguintes gastos:

- As dietas vinculadas a un evento ou acción autorizados no que participe o bolseiro, ata un límite de 15 euros por día.
- As tarxetas de negocio vinculadas á entidade de destino.
- Os gastos de renovación de pasaporte por esixencias particulares do destino asignado.
- Outros, previa consulta ao Igape sempre que se consideren esenciais para o desenvolvemento da bolsa.

Estes importes serán abonados polo Igape ao bolseiro unha vez sexan autorizados polo Igape, realizados e correctamente xustificados. Cando o medio de transporte sexa o vehículo particular, serán abonados os quilómetros percorridos a razón de 0,19 € por Km percorrido. O desprazamento mediante vehículo propio só é posible en Galicia.

b) Gastos de viaxe de ida para incorporación a destino e retorno a Galicia unha vez rematada a bolsa en destino, no período inicial ou no período de prórroga -o Igape aboará ao bolseiro os gastos de desprazamento mediante avión, tren ou autobús e gastos de hotel, previa presentación dos correspondentes xustificantes de gastos (mediante facturas, billetes e/ou tarxetas de embarque) ata un máximo de 1.500 euros se é o mesmo continente e 3.000 euros se se traslada a outro continente. Serán subvencionables os gastos de hotel en tránsito ou á chegada ao destino asignado ata un máximo de 2 noites, en réxime de aloxamento e almorzo. Non serán subvencionables os envíos de maletas ou paquetes a maiores dos incluidos no transporte contratado.

c) Gastos de seguro de accidentes e enfermidades ata un máximo de 1.000 €. Esta dotación só se aboará no caso de bolsas con destino fóra de España.

d) Gastos de compra dun portátil para bolseiros con destino no estranxeiro segundo as condicións establecidas no artigo 16.i).

O Igape poderá aplicar a compensación entre as partidas de gastos dos apartados a), b) e c) anteriores cando as necesidades de gasto de cada bolseiro en relación coas accións a desenvolver no programa así o aconsellen para o correcto desenrolo do mesmo.

Unha vez incorporados aos destinos indicados na resolución, no caso de cambio de destino -mediante nova resolución que implique máis dunha viaxe de ida e retorno previstos na dotación da bolsa, no período inicial ou no período de prórroga- o Igape aboará ao bolseiro os gastos de desprazamento mediante avión, tren ou autobús e gastos de hotel, previa presentación dos correspondentes xustificantes de gastos (mediante facturas, billetes e/ou tarxetas de embarque) ata un máximo de 1.000 euros se é o mesmo continente e 1.500 euros se se traslada a outro continente. Estes importes -ao ser circunstancias excepcionais- non están incluídos dentro do límite máximo da bolsa.

Só se admitirán pagos en efectivo para gastos de importe inferior a 1.000 euros, xustificando o pagamento mediante recibín do provedor.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Ata as 14:00 horas da data de finalización.

Incompatibilidades

As bolsas outorgadas son incompatibles con calquera outra bolsa ou axuda de similares características, así como con calquera relación laboral ou de prestación de servizos remunerada do bolseiro. Así mesmo, son incompatibles coa percepción de prestación ou subsidio por desemprego.

Referencia lexislativa

Resolución do 30 de maio de 2022 (DOG Nº111 do 10/06/2022) - Bases reguladoras

Información e tramitación en

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

1. Para presentar a solicitude, os interesados deberán cubrir previamente un formulario electrónico a través da aplicación http://www.tramita.igape.es
Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, desde as 8:00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14:00 horas da data de finalización.

3. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación (no caso de que estea redactada nunha lingua non oficial en Galicia, deberase presentar acompañada de tradución realizada por intérprete xurado):

a) Acreditación dos requisitos mínimos segundo o expresado no artigo 4 destas bases.

1º Currículo vitae.
2º Copia do pasaporte no caso de que o solicitante sexa estranxeiro e non teña o número de identificación de estranxeiría (NIE).
3º Xustificante de ter pagadas as taxas para a obtención do título de estudos universitarios acadado segundo o expresado no artigo 4.3, en defecto do título.
No caso de títulos expedidos por centros estranxeiros ou privados será preciso que os acrediten cunha copia da homologación concedida polo Ministerio de Educación español (isto non se require para os títulos de máster).
A formación deberá estar finalizada antes do fin do prazo de presentación da solicitude, salvo o disposto no punto b) seguinte.

b) Acreditación dos requisitos baremables segundo o expresado no artigo 12.2 destas bases:

1º Acreditación, se é o caso, da formación específica de posgrao en comercio exterior segundo o expresado no artigo 12.2.f): copia do certificado de realización dun curso completo no que conste o número de horas ou créditos do curso. O curso deberá estar finalizado antes da data de presentación da solicitude, agás os másters citados no artigo 12.2.f) que poderán estar finalizados ata o 30 de xullo de 2022 e deberán estar incluídos na solicitude no prazo de 7 días a contar dende esa data.

2º Acreditación, se é o caso, doutra formación de posgrao segundo o expresado no artigo 12.2.g): copia do certificado de realización dun curso completo no que conste o número de horas ou créditos do curso. O curso deberá estar finalizado antes da data de presentación da solicitude.

A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente.