IGAPE Responde - ilustración

A emerxencia sanitaria xerou unha situación excepcional para pemes e autónomos/as, IGAPE Responde é un novo programa que se basea nos tres principios básicos de atender, acompañar e apoiar.

Traballamos na recuperación personalizada de cada empresa, da man dun equipo de resposta conformado por múltiples redes de apoio, xa que cada proxecto terá necesidades diferentes. Podes necesitar implantar o teletraballo, prestar servizos online, reter equipos, replanificar débedas ou reorientar o teu negocio; sexa cal for o caso, IGAPE Responde é a solución que buscas.

Estamos preparando a segunda edición.

Consulta rápida - Icono

Consulta rápida

Un experto atende a túa consulta

Gratuito

  • Soporte experto.
  • Consultas en tempo real sobre xestión empresarial.
Asesoramento - Icono

Asesoramento
en liña

Un consultor acompáñate na implementación da medida elixida

Gratuito

  • Medidas de acción inmediata.
  • Asesoramento e formación en liña para a implantación de medidas urxentes.
  • 25 horas de asesoramento en liña.