A Xunta colabora co concello do Pereiro de Aguiar na mellora dos viais de acceso ao polígono empresarial

Luns, 15 Mai 2023 10:01
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión co alcalde, Luis Menor.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión co alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor, para informar de que se acaba de aprobar -a través dunha ampliación de crédito da orde de mellora de infraestruturas dos parques empresariais- unha axuda para mellorar o vial de acceso noroeste ao polígono. A actuación contará cun apoio de 38.587,14 euros para un investimento total de 48.233,93 euros.

Conde agradeceu a colaboración e implicación deste municipio, que é Concello Emprendedor, para seguir aumentando a súa competitividade empresarial. Esta colaboración administrativa permite mellorar a oferta de solo para captar investimentos e para que as empresas xa instaladas poidan desenvolver a súa actividade con acceso a servizos e infraestruturas de calidade.

  • A Xunta avoga por reducir a burocracia administrativa na procura de atraer novos investimentos a Galicia
    Ler máis
  • A Xunta promove a colaboración empresarial para desenvolver proxectos que aposten pola dixitalización, a sustentabilidade e a loxística avanzada
    Ler máis
  • Lorenzana subliña a aposta da Xunta por que a circularidade forme parte da cultura empresarial en Galicia
    Ler máis