A Xunta apela á cooperación público-privada para dar respostas aos novos retos económicos que afronta Galicia

Xoves, 28 Setembro 2023 17:24
  • A directora do Igape, Covadonga Toca, asistiu esta mañá en Santiago de Compostela á clausura da asemblea xeral da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), onde incidiu na importancia de seguir traballando en diálogo directo coas empresas
  • Defendeu o efecto tractor do tecido produtivo para reforzar a competitividade e a aposta por unha transformación industrial baseada na innovación, a sustentabilidade e a dixitalización
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2023
 

A directora do Igape, Covadonga Toca, asistiu esta mañá en Santiago de Compostela á clausura da asemblea xeral da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). Na súa intervención, Toca apelou ao diálogo construtivo con esta institución e o resto de axentes económicos e sociais para dar resposta aos novos retos económicos que afronta Galicia.

A directora do Igape defendeu a importancia de que Administración e axentes socioeconómicos e sociais colaboren e traballen de forma coordinada, apostando, ademais, por unha transformación industrial baseada na innovación, a sustentabilidade e a dixitalización.

Neste sentido, Toca apuntou que “desde a mencionada colaboración público-privada, e poñendo o foco nas pequenas e medianas empresas, o noso traballo pasa por acompañar aos sectores maduros e tradicionais para evolucionar cara a unha economía máis dixital, verde e innovadora”.

Por último, a directora do Igape agradeceu á Confederación de Empresarios de Galicia o seu traballo, indicando que ”cando as organizacións ‘confederan’, é dicir, cando integran a diversidade de enerxías e persoas en proxectos amplos, multiplícanse as posibilidades de conseguir os obxectivos”.

  • A nova convocatoria do programa de bolseiros especializa en comercio exterior a mozas e mozos facilitando ás pemes galegas a busca de novos mercados internacionais
    Ler máis
  • Lorenzana destaca os apoios da Xunta para a instalación de equipamentos enerxéticos eficientes en empresas e vivendas
    Ler máis
  • A Xunta pon en valor a aposta da X ‘Maker Faire Galicia’ polo emprendemento e pola innovación
    Ler máis