Novo WEBINAR PAÍS dende a ANTENA IGAPE en CHINA Market Update & Oportunidades de negocio 2022

Xoves, 23 Xuño 2022 11:53

Un ano mais, a Xunta continúa ofrecendo actualizacións da situación económica en distintos mercados a través do Ciclo WebinarPaís coas Antenas do Igape en cada país.

O obxectivo é transmitir unha información actualizada e afondar en novas oportunidades para as empresas galegas que queiran exportar os seus productos, neste caso, a China.

A Antena Igape en China, o mércores 29 de xuño, informará sobre a situación actual no mercado obxectivo, posibles oportunidades e claves para impulsar ou mellorar as súas vendas no país, logo de unha etapa fortemente marcada polas restriccións da pandemia no comercio internacional.

Se está interesado, tamén terá a posibilidade de programar unha reunión individual co responsable da Antena Igape en destino, durante os días 30 de xuño e 1 de xullo.

Solicite a reunión ao realizar a súa inscripción.

  • A Xunta aposta pola transformación da automoción galega promovendo unha cadea de valor dixital, verde e resiliente
    Ler máis
  • Novo WEBINAR PAÍS dende a ANTENA IGAPE en CHINA Market Update & Oportunidades de negocio 2022
    Ler máis
  • Novo webinar país en colaboración coa Cámara de comercio española en Colombia e a Gobernación de Antioquía: Market Update & Oportunidades de Negocio 2022
    Ler máis