Novo WEBINAR PAÍS dende a ANTENA IGAPE en CHINA: O Sector Agroalimentario en China

Luns, 10 Outubro 2022 14:35

Un ano mais, a Xunta continúa ofrecendo actualizacións da situación económica EN distintos mercados a través do Ciclo WebinarPaís coas Antenas do Igape en cada país.

O obxectivo é transmitir unha información actualizada e afondar en novas oportunidades para as empresas galegas que queiran exportar os seus productos, neste caso, a China. Neste webinar a información é específicamente para o sector agroalimentario.

Polo conseguinte, o martes, 25 de outubro, a Antena Igape en China, vai informar sobre as últimas novidades relativas a este sector:

  • Datos actualizados do sector agroalimentario en China
  • Exposición das feiras do sector que se executarán en China en novembro e decembro de 2022
  • Listado de expositores e proceso para que a antena do IGAPE en China poida concertar reunións virtuais entre os expositores e empresas galegas tra-la feira.

Día:  Martes, 25 de outubro de 2022

Hora: 09:30 horas ESP/ 16:30 horas CHINA

Programa e inscripcións

Se está interesado, tamén terá a posibilidade de programar unha reunión individual co responsable da Antena Igape en destino, durante os días 25 e 26 de outubro.

Solicite a reunión ao realizar a súa inscripción.

  • A Xunta destinará máis de 20 M€ o próximo ano a colaborar co tecido empresarial galego para manter o mellor ciclo exportador da súa historia
    Ler máis
  • A Xunta achega aos empresarios do Porriño as distintas liñas activadas este ano para reforzar a competitividade do tecido produtivo
    Ler máis
  • Novo WEBINAR PAÍS dende a ANTENA IGAPE en CHINA: O Sector Agroalimentario en China
    Ler máis