Creación de empresas - ilustración

Desde o IGAPE, nos últimos anos, púxose gran empeño en promover aqueles servizos que melloran as capacidades das iniciativas e os seus promotores.

As bolsas de axudas para a creación de empresas son unha peza clave para que moitos proxectos en situación embrionaria saian adiante, pois atenden a esa máxima de mellorar as capacidades a través dunha atención personalizada man a man.

Cales son os principais apoios?

Este programa nace co obxectivo de apoiar proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores/as, así como os proxectos de investimento para a ampliación en pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que teñan unha antigüidade inferior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.