Nestes anos de andaina contribuímos á creación de arredor de 3.000 proxectos e asesoramos a 75.000 persoas vinculadas ao emprendemento.
As accións nesta liña son variadas. Existen estadios xenéricos nos que procuramos espertar a vocación do emprendemento, pero tamén etapas específicos, como a elaboración do plan de negocio, e a atención personalizada presencial ou en liña.

Como crear unha empresa
O proceso de creación dunha empresa comeza nunha idea, que en moitos casos non sabemos como levar adiante.
Para emprender é preciso ter moitas ganas, pero tamén son clave o asesoramento e acompañamento de persoas ou organismos que xa camiñaran ese terreo antes ca ti.

Aceleradoras
O Igape colabora con aceleradoras especializadas no sector da aeronáutica e a automoción.
Buscan promover e acompañar a creación de empresas dentro destes sectores estratéxicos.

Espazos coworking
Están en funcionamento 11 coworking que buscan aumentar as posibilidades de éxito de proxectos innovadores.
Levan impulsado preto de 400 novas iniciativas empresariais en Galicia.