Cuadros amarillos - Ilustración

O proceso de creación dunha empresa comeza nunha idea, que en moitos casos non sabemos como levar adiante.

Para emprender é preciso ter moitas ganas, pero tamén son clave o asesoramento e acompañamento de persoas ou organismos que xa camiñaran ese terreo antes ca ti. Porque crear unha empresa non é tan sinxelo como seguir un titorial de 7 pasos.

Temos que falar de investigación de mercados, de capital social, como solicitar un NIF ou crear unha sociedade, inscribirse no rexistro mercantil, darse de alta en IAE, os libros de sociedades, rexistrar patentes e marcas...

É por iso que para o IGAPE é tan importante poñer á túa disposición persoas con experiencia para que che axuden a converter esa idea nunha empresa. Os nosos proxectos de emprendemento levan consigo un acompañamento integral e personalizado, razón do seu éxito.

Podes acceder a
asesoramento presencial ou online:

A través da Unidade Galicia Emprende, o Igape ofrece asesoramento en liña ou presencial segundo as túas necesidades.

Asesoramiento presencial - Icono

Asesoramento
presencial

As persoas emprendedoras poden solicitar o servizo dun titor persoal que os guíe na elaboración e estudo do seu plan de negocio de xeito presencial na rede de oficinas do Igape.

Asesoramento online - Icono

Asesoramento
online

As persoas emprendedoras poden expor dúbidas sobre cuestións relacionadas coa súa idea ou proxecto empresarial e/ou sobre o uso dos diferentes recursos de Igape a través dunha plataforma en liña.

Solicitar asesoramento

Unha das dúbidas máis frecuentes é a que axudas e subvencións pode acceder un proxecto empresarial. Este tipo apoios poden consultarse na nosa Base de axudas e subvencións

Iniciativa da Xunta de Galicia establecida na Lei do Emprendemento e da competitividade económica de Galicia, que xunto con outros instrumentos, procura catalizar a iniciativa de persoas emprendedoras e empresas, para que en Galicia, a curto, medio e longo prazo se poidan acadar indicadores mais altos, mellores e mais eficientes de actividade emprendedora.

Estamos mellorando a aplicación Unidade Galicia Emprende. Servizo non dispoñible temporalmente. Para calquera aclaración pode dirixirse por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

É un servizo dirixido a pemes de recente creación, mediante o cal se brinda o apoio dun mentor, que é un empresario ou profesional de recoñecida traxectoria e ampla experiencia, durante un período de tempo determinado. Preténdese lograr afianzar o éxito das novas iniciativas empresariais nas súas etapas de posta en marcha e crecemento.

Rede Mentoring

Nos Puntos de Asesoramento ao Emprendedor (PAE), prestamos de forma sinxela e clara servizos de asesoramento e información na definición das súas iniciativas empresariais e durante os primeiros anos de actividade e tamén realizamos os trámites administrativos necesarios para a constitución da súa empresa. Pide información nas oficinas do Igape.

É unha rede de investidores privados que se involucran nos proxectos emprendedores financiándoos mediante un investimento de carácter temporal e achegando ademais a súa experiencia e contactos, facilitando así o desenvolvemento destas novas empresas. O seu obxectivo é favorecer ou posibilitar a posta en marcha de proxectos de creación ou mellora de empresas en Galicia. Debe ser unha actividade empresarial emprendida nun prazo non superior a 42 meses.

Solicitude de adhesión

Trae o teu proxecto

* Para solicitar este servizo podes facelo a través dun membro da Rede ou través da Unidade Galicia Emprende. Máis información en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Cuadros amarillos  - Ilustración

Polo xeral, en materia de emprendemento

o IGAPE traballa de ti a ti,
personalizando os programas ás necesidades
específicas de cada proxecto.

Contacta con nós