A globalización ensinounos que a capacidade das empresas de expandirse a novos mercados está estreitamente relacionado co crecemento económico dunha rexión.
Nestes máis de 25 anos de andadura, o IGAPE puido observar a importancia do apoio ás empresas en materia de internacionalización; o que contribuíu á dinamización da economía galega.
Na súa traxectoria, o IGAPE contribuíu á
expansión internacional das empresas galegas,
a través de numerosos programas de financiamento, asesoramento e formación.

A internacionalización, como resultado exitoso do impulso colectivo das empresas, especialmente para as pemes, supón a confirmación do valor engadido do seu modelo de negocio e, polo tanto, é una fonte de mellora continua da competitividade, as directrices de traballo neste área recollénse na Estratexia de internacionalización para as empresas galegas 2021-2025.
Axudas para a internacionalización
Axudas para a realización de acción de promoción exterior, participación en feiras, misións, etc.
Subvencións a fondo perdido a proxectos promovidos e desenvolvidos por organismos intermedios para facilitar a internacionalización das empresas ás que representan.
Apoio ás empresas galegas no desenvolvemento e a implantación dun plan de internacionalización dixital da empresa.
O Igape e as Cámaras de Comercio Galegas colaboran na posta en marcha dun novo plan de misións comerciais dirixido a:
- Aumentar a base das empresas exportadoras.
- Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
- Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial como xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
- Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.
O obxecto destas bases é posibilitar o apoio á participación das empresas galegas non pemes no Plan de misións comerciais. O obxectivo principal deste programa é conseguir a internacionalización real de empresas galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.
As actuacións que engloban están dirixidas a:
- Aumentar a base de empresas exportadoras.
- Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
- Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
- Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.
Axudas para a contratación de profesionais de comercio exterior.
Estamos mellorando a aplicación Xestores de internacionalización. Para inscricións ou calquera aclaración pode dirixirse por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.